Blog do concello de Chantada

PRAZA DE ABASTOS DO CONCELLO CHANTADA


PRAZA DE ABASTOS DO CONCELLO CHANTADA

Chantada é un municipio da provincia de Lugo, en Galicia, pertence a Comarca de Chantada da que se di que é “Corazón de Galicia” por atoparse ó lado do centro xeográfico desta comunidade, conta cunha poboación de 8.493,00 habitantes e unha superficie de 176,70 km2.

A praza de abastos de Chantada atópase en pleno centro urbano, está rodeada de bares, supermercados, panaderías, droguerías e diferentes tendas, polo que é unha zona moi transitada polos veciños tanto do propio  municipio coma do veciño. Ademáis, o municipio chantadino está dentro do Camiño de Santiago polo que se ve necesario buscar a consecución dun mercado de excelencia e aproveitar as sinerxías xeradas polo mesmo.

Dita praza esta formada por 11 postos dos cales 6 están ocupados por praceiros que ofrecen peixe fresco (2 postos)  e carne de alta calidade (4 postos). Dado a baixa actividade existente na mesma e as posibilidades de venda que existen no municipio, o concello busca revitalizar e impulsar o comercio  mediante unha serie de melloras no edificio que son realizadas en Novembro do 2016.

Ditas melloras consisten en mellorar a eficiencia enerxética na iluminación e cambiar a porta de acceso por portas automáticas corredeiras que xerarán unha mellora da envolvente térmica ademáis de contribuir á mellora na accesibilidade.

Finalmente, dado que a reciclaxe é algo moi presente na actualidade instalarase unha illa para cubrir os colectores co fin de mellorar a estética da zona.

Todas estas actuacións servirán, ao mesmo tempo, como punto de partida para a mellora global das instalacións existentes e para crear unha praza de abastos moderna, accesible e atractiva que anime aos consumidores a realizar as súas compras diarias de produtos frescos na devandita praza.

O Concello de Chantada invita a que todo veciño da zoa se acerque a praza, desfrute e, se o ve oportuno, merque os productos de calidade que se ofrecen.

Calquer veciño que queira participar e incluir o seu negocio na praza só ten que acudir ao concello é solicitalo.

Dirección: Rúa Juan XXIII, s/n

  27500, Chantada (Lugo)

Horario: Aberto de 8:30 – 14:00 de Luns a Sábado

Praza de abastos exterior e interior

imagen-3.png

imagen-4.png


Entorno que rodea a praza

imagen-5.png

imagen-6.png

imagen-7.png

8.png

imagen-9.png

imagen-10.png




Comentarios

No hay ningún comentario

Añadir un Comentario: